A actividade encádrase no programa Erasmus + para docentes
A miña estadía en Lisboa realizouse entre os días 10 e 15 de maio na Universidade Lusófona, concretamente, na Escola de Comunicação, Arquitetura, Artes e Tecnologias da Informação.
Ao longo destes días puiden coñecer de primeira man tanto a organización como as instalación dun centro de referencia na formación en cinema e audiovisual no país luso.
A razón pola que escollín este centro foron dúas principalmente: por un lado, este ano a nosa mobilidade é moi limitada e parecíame que o meu desprazamaneto a Portugal erados máis sinxelos pola posibilidade de ir empregando medios propios. Por outro lado, xa coñecía este centro de facer unha estadía de investigación cando cursaba os meus estudos de doutoramento. Daquela, centreime sobre todo no estudo do cinema contemporáneo portugués, polo que me parecía moi importante esta vez poder coñecer a escola no seu día a día.
Nesta ocasión ademais puiden impartir varias aulas nas que poder amosar ao alumnado a produción galega e reflexionar sobre as posibilidades da produción de Galicia e Portugal.
A primeira delas impartiuse ao alumnado que está a cursar o Mestrado en Estudos Cinematográficos. A experiencia foi altamente interesante pola interatividade cos alumnos asistentes e o intenso diálogo compartido entre todos.
A outra das aulas foi dirixida ao alumnado do segundo e terceiro curso da Licenciatura em Cinema, Vídeo e Comunicação Multimédia. Neste caso, coordinada coa profesora Marta Vaz, puidemos analizar o contexto para a produción entre os dous países, analizar exemplos de coprodución e vías de financiamento e tratar de trazar camiños de cooperación para o futuro. O feito de que a profesora tamén tivese un perfil profesional activo no sector audiovisual facilitou enormemente na análise e no dinamismo durante a aula.
Ademais o alumnado tanto de segundo como terceiro meses días estaban traballando na preproducción inmediata de varias rodaxes que iban ter lugar durante os días da miña estadía. O profesorado convidoume e organizou o meu desprazamento xunto co alumnado á rodaxe. O feito de poder ver como desenvolvían unha rodaxe e a súa organización pareceume moi rico e interesante.
Creo que visitar este centro foi unha gran idea. A Escola de Comunicação, Arquitetura, Artes e Tecnologias da Informação como comentei é un centro de referencia. Nel fórmanse gran parte dos técnicos e realizadores do país. O centro conta con moi boas instalacións e equipamentos. Ademais destaca o feito de que na propia Escola podes atopar distintos tipos de formación superior como son as licenciaturas, os mestrados e os estudos de doutoramento.
Destaca que o mesmo centro agrupa estudos nas seguintes áreas:
Comunicación e humanidades
Arquitectura, arte e deseño
Multimedia, cinema e vídeo
Enxeñería informática e sistemas de información
Esto facilita que o alumnado de distintas áreas poda integrarse en proxectos comúns.
Por último, gustaríame destacar a importancia de poder ter ido a esta Escola. Temos que ser conscientes das posibilidades de cooperación que podemos ter tanto no ámbito académico como profesional co sector audiovisual e cinematográfico portugués. Sen dúbida, factores como a lingua, a proximidade xeográfica e incluso o tamaño do sector galego e portugués facilitan enormemente a colaboración entre as dúas rexións e con intercambios como estes axudan a establecer eses lazos.
Commentaires