top of page
Buscar

Ilha do Pico, Açores

  • Inés Bugallo e Iván Sobrado
  • 30 nov 2020
  • 1 Min. de lectura

Ola! Somos Inés Bugallo e Iván Sobrado e estamos de Erasmus na Ilha do Pico, nas Açores. Por sorte, aquí todo é diferente en canto á pandemia. Debido aos poucos casos que se deron (actualmente 0 na Ilha do Pico) case parecía que non existise o Covid. Esta illa, destaca polo seu gran volcán, o Pico. Algúns atravidos suben até a cima, mais agora xa non está o tempo para iso.


Visitamos varias lagoas e recunchos naturais que son realmente espectaculares, rodeados polo mais absoluto silencio ou o son da auga. A vila na que vivimos e onde se ubica a empresa non ten máis de 2.000 habitantes, polo que é un ambiente moi tranquilo e familiar. Percorrer a ilha, tanto pola costa como polo interior, é fascinante.


Foi unha experiencia nova e satisfactoria. Recomendamos esta illa preciosa e acolledora, xa que non estivemos moito tempo ou nada nas outras illas.



Grazas á EAV por brindarnos esta oportunidade xunto co programa Erasmus+. Dende as Azores despedímonos. Só nos queda unha semana neste paraíso, pero voltaremos.

 
 
 

Comments


Contacta con nosotr@s

¡Gracias por tu mensaje!

Localización
Eduardo Cabello, S/N
36208-Vigo (Pontevedra)
Tel. 886 11 11 52
bottom of page