top of page
Buscar
ticsaudiovisualvig

Paula Pereira (CS.Iluminación) en Oporto

Actualizado: 27 may



O Porto é unha cidade Portuguesa, situada na Rexión Norte. Ten unha poboación duns 230 000 habitates, os calen conviven nun ambiente cheo de cultura e natureza.


Tiven a sorte de poder visitar gran parte dos edificios míticos da cidade e gran parte dos parques e xardíns. Porto caracterizase por ter unha gran cantidade de xardíns preciosos polos que camiñar e relaxarse.


Ademais, nesta cidade tamén hai unha gran cantidade de obras fotográficas e de museos e galerías de arte. Polo tanto estes eran espazos e lugares que tampouco podía deixar de visitar.


A empresa


A empresa na que se está a realizar a estancia é Um Segundo Filmes, e atopase nunha das zonas máis altas da cidade. Esta productora, fundada no ano 1998 traballa no ambito do cine, da televisión e da publicidade. Conta con unha gran cantidade de material técnico e con espazos preparados para a rodaxe de estudo (fondo verde, fondo azul e fondo branco).


Xusto no momento da estancia está empresa estaba a realizar unha longametraxe, un documental e tamén un proxecto publicitario. Isto serviu para que puidese ver (e incluso grabar nalgunha ocasión) os distintos tipos de rodaxe (con diferentes materiais e diferentes técnicas de grabación de son e vídeo). Ademais de que me permitiu viaxar e coñecer outras partes de Portugal, ao ter que viaxar cara as localizacións das rodaxes.


Outras das tarefas que se realizaron, e continuo a realizar, foi a realización de fotografías dos sets, de detrás de esceas e tamén fotografía de arquitectura (coa súa correspondente postprodución). E tamén se tocaron programas de edición de vídeo durante os días de traballo no propio estudo.

26 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page